CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Caparrós é o novo adestrador do Sevilla

Publicado o 28/04/2018 21:43
O Español o Athletic, o Leganés e o Levante sácanlle doce puntos o Deportivo. O triunfo do Levante ante o Sevilla provoca ademais a destitución de Montella e a chegada de Joaquín Caparros. Terceiro técnico do Sevilla esta temporada.



A xeira de resultados do equipo levantino nos últimos partidos continuou ante o Sevilla. Un gol de Roger no minuto once inauguraba o marcador. O conxunto andaluz reaccionou e logrou empatar pouco despois grazas a un golazo de Carlos Fernández. Os de Montella precisaban puntuar porque non teñen asegurada, nin moito menos, a súa clasificación europea. Pero o Levante quería selar a permanencia e dominou durante o segundo tempo. Así, Morales, no minuto 73, facía o dous a un definitivo que case lles garante a salvación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí