CRTVG

Buscar

Cantos xigas precisamos para traballar dende a casa?

Publicado o 12/03/2020 21:13

O teletraballo implica ter ferramentas para levalo a cabo. Como norma xeral, as empresas son as encargadas de proporcionar os equipamentos, pero tamén hai casos en que o empregado fai uso do seu propio equipo. En todo caso, faise preciso dispor dunha boa conexión a Internet.

Traballar en remoto desde a casa vai máis aló de cambiar o centro de traballo polo domicilio do empregado. Require dunha capacidade técnica e de ferramentas para poder levarse a cabo, entre elas, unha correcta conexión a internet.

Para traballar con documentos ou facer videoconferencias o enxeñeiro de telecomunicacións Iago Varela apunta a unha velocidade mínima de 20 megas. Para facer uso de vídeo en tempo real sería preciso unha conexión de fibra ou 4G. Se non dispoñemos de fibra, a alternativa son os datos móbiles.

Os custos do teletraballo deberían estar definidos coa empresa con anterioridade ao seu inicio.

Noticias web

12/03/2020