Cantos do Nadal nas rúas luguesas
Cantar delas é un coro formado por unhas trinta mulleres. Gústalles moito cantar e por iso ensaian cada luns.
Interpretar panxoliñas na rúa, como fan hoxe, é unha oportunidade de dar a coñecer o seu canto e tamén, é unha ocasión para enriquecer as rúas polo Nadal.
Coa súa música conseguen deter mesmo aos peóns que teñen máis prisa. Poucos resistena escoitar, como mínimo, unha das súas panxoliñas.
A diferenza de Cantar delas, onde só cantan mulleres, o Coro do Hospital é unha formación mixta. Naceu hai uns trinta anos, da man de Edelmiro Ulloa, un crego que xa estaba no vello hospital e que conseguiu canalizar a paixón vocalística do persoal sanitario, malia que, hoxe en día, na formación hai moitos membros que nada teñen que ver coa sanidade. Entre eles, tamén, a ledicia de poder cantar na rúa.
Inés coméntanos que a media de idade dos membros da formación supera os cincuenta anos, e saír á rúa tamén é unha oportunidade para chegar a algo que necesitan: xente nova á que lle guste cantar e que se anime a unirse ao coro.