CRTVG

Buscar

Volta ao cole: os pais van gastar entre 226 e 500 euros por escolar

Publicado o 22/08/2019 14:30

 O vindeiro 11 de setembro arranca o curso escolar e, segundo as previsións da Xunta de Galicia, cun número de alumnos moi semellante ao do ano pasado.

Segundo a conselleira de Educación, que esta mañá visitou as obras que se están a realizar nun colexio de Vigo, o número de matrículas en Formación Profesional dobra ás de Bacharelato. Tamén salientou o descenso de escolares en Primaria pero o aumento de prazas en Educación Infantil.

Setembro está a volta da esquina e toca ir preparando a mochila da rapazada. Libros de texto, material escolar e roupa suman un gasto medio de 500 euros por escolar, segundo a OCU. En Galicia, a media pode baixar aos 226 euros dependendo da idade e do tipo de escola. Nalgúns casos, os bancos de libros e as axudas alivian a conta, que segue a ser elevada para moitas familias.

Algunhas familias achéganse a recoller o material que encargaron, pero o ambiente aínda está tranquilo.Moitos foron previsores e repartiron os gastos en varios meses, outros agardarán a última hora para equipar os fillos.

Para evitar sustos na economía familiar recoméndase comparar prezos, escalonar as compras, reutilizar o que se poida e non levar os cativos ás tendas para evitar caprichos extraescolares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019