CRTVG

Buscar

Cantidade, calidade e bos prezos nas primeiras centolas da temporada que chegan aos mercados

Publicado o 12/11/2019 14:38

Tras a primeira poxa celebrada onte nas lonxas, a centola chega aos mercados e, nunha primeira prospección, comprobamos que hai un amplo abano de prezos.

Os profesionais da praza de abastos de Compostela coinciden en que a temporada se estrea cunha moi boa calidade e con tamaños para todos os gustos. As vendedoras e vendedores aos que preguntamos déronnos prezos de entre 14,50 e 24 euros, e tamaños de entre setecentos gramos a quilo e medio ou dous quilos.

A media mañá as vendas ían animándose aos poucos. Algúns para probar as primeiras centolas da temporada, e outros, máis previsores, para ir xa gardando para o Nadal.

Para escoller ben, nada mellor que os consellos das que máis saben disto.

"Que a uña estea dura e a parte interior da tapa branca", detallaba unha praceira.

De aquí a finais de decembro, os prezos, previsiblemente, irán en ascenso. Así que é un bo momento, segundo clientes e vendedores, para facerse con algunha peza.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019