CRTVG

Buscar

Cantero pecha a porta do Lugo

Publicado o 07/12/2019 13:37
O meta ten a mellor porcentaxe de paradas en Segunda

Con 49 paradas en dez partidos, Ander Cantero lidera a clasificación de porteiros en Segunda con maior porcentaxe de intervencións por encontro. Unhas cifras que o están a converter no xogador decisivo do Lugo, moi ao seu pesar.

Ander Cantero. C.D. Lugo. "O traballo na portería ten que ser parar as que che veñen, pero si que é verdade que ao final os datos son eses, chegannos moito a portería e eso é algo no que estamos traballando e que hai que tentar corrixir porque bueno, ao final xogamos contra rivais que teñen moita calidade, que son moi bos e non podes depender sempre das accións do teu porteiro."

Nos dez partidos que leva coma titular, o navarro deixou en catro a súa porta a cero rebaixando en catro décimas o número de goles recibidos respecto ao seu predecesor Alberto Varo.

Cantero cre que a utilización da defensa de cinco nalgunhas saídas, dalle maior seguridade ao equipo e a el mesmo.


Cantero. C.D. Lugo. "Fora da casa está a darse esa situación, eu creo que o equipo séntese cómodo das dúas manteiras, o porteiro, con liña de cinco sempre está un pouco máis arroupado, pero tamén tés máis xogadores diante, máis xogadores que controlar que estean todos ben coordinados."

Con Cantero o Lugo xoga a porta pechada.

Noticias web

07/12/2019