Cantero está convencido da salvación do Lugo
Publicado o 08/07/2020 16:26
Se hai un equipo galego con agobio, ese é o Lugo. Esta tarde xoga en Ponferrada.
Ten que gañar para manter a esperanza e saír do descenso. Rahmani está sancionado, pero Juanfran puxo na convocatoria a Gerard Valentín, que leva tres partidos sen xogar. É a novidade dun Lugo que está convencido de que o obxectivo é factible.