CRTVG

Buscar

Cansazo cidadán ante as cuartas eleccións en menos de catro anos

Publicado o 23/09/2019 15:03

Apenas catro meses de lexislatura. Dous únicos plenos celebrados no Congreso dos Deputados e só un no Senado.

As súas señorías cobrarán máis de 150 euros diarios desde mañá que se disolven as Cortes ata o día antes das próximas eleccións. De aí que proliferen iniciativas de cidadáns indignados, como esta que xa asinaron preto de 650.000 persoas esixindo que renuncien a esa indemnización.

As do 10 de novembro serán as cuartas eleccións xerais en España en menos de catro anos. Desta volta a campaña propiamente dita será máis curta, pero, aínda así custará, uns 140 millóns de euros. Por iso, viralizouse nos últimos días outra protesta: máis de cen mil persoas accederon á web do Instituto Nacional de Estatística para non recibir propaganda electoral nas súas caixas de correos.

Nun contexto de frustración xeneralizada, as sondaxes apuntan a unha abstención histórica o 10-N, que podería acadar o 35%, a porcentaxe máis alta desde que se restableceu a democracia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019