CRTVG

Buscar

Recupéranse os cans rescatados despois de permanecer dentro dun coche ao sol

Publicado o 22/07/2019 14:20

Pasaba das catro e media do mediodía. Día solleiro e altas temperaturas nesta zona de estacionamento de Marín. No interior dun dos vehículos que estaba aquí estacionado, varios viandantes atopan dous cans nun transportín dentro dun coche. Un deles está inconsciente e outro con signos de deshidratación.

Minutos despois apareceu o seu dono, un veciño de Marín que estaba comendo nun restaurante da zona. Argumentou diante dos axentes que se esquecera dos animais e rapidamente se fixo cargo deles.

Agora este veciño de Marín enfróntase a dúas sancións económicas. Unha delas por levar un can sen identificar, a outra pola denuncia administrativa que se esta tramitando por suposto abandono animal.

Noticias web

22/07/2019