Cangas reabre o acceso ás praias de todo o tráfico rodado
Publicado o 02/09/2020 20:54

O concello de Cangas reabre o acceso en coche a todos os seus areais. A medida estivo en vigor durante os meses de xullo e agosto, agora en setembro decae pola baixada tamén da afluencia de visitantes. Nese tempo, só os residentes con tarxeta, habituais ou vacacionais, tiveron permitido aparcar nos areais co paso restrinxido para evitar aglomeracións nos puntos máis concorridos.