Cangas e Porriño son os campións da Supercopa galega de balonmán
Publicado o 05/09/2021 22:20
No Gatañal disputouse esta tarde a final da Supercopa Galicia de balonmán. Na masculina medíronse o Cangas Frigoríficos do Morrazo e o Cisne e o triunfo quedou na casa. Venceron os do Morrazo, o único equipo galego que disputará a Asobal esta temporada. No descanso gañaban 14-9 e o resultado foi 26-22.
Na final feminina enfrontáronse o Mecalia Guardés e o Porriño. A vitoria foi para as porriñesas cun marcador axustado: 27-28.