O Cangas estrésase na ASOBAL ante o Bidasoa no Gatañal
O Frigoríficos do Morrazo tratará mañá, martes, de referendar as boas sensacións ofrecidas durante a pretemporada cun triunfo fronte ao Bidasoa Irún, no choque co que ambos os equipos abrirán a Liga Sacyr Asobal despois da suspensión das xornadas 1 e 3 por parte da Federación Española.
A visita do conxunto irundarra, que chegará ao Gatañal tras eliminar o PAUC francés na primeira rolda da EHF European League, suporá un esixente exame para o Frigoríficos, que tentará aproveitarse do desgaste físico do seu rival para protagonizar a primeira sorpresa do curso ligueiro. Un triunfo que pasará por minimizar as perdas de balón no ataque posicional que permitan ao Bidasoa armar o seu letal xogo de contraataque e, sobre todo, frear o potente ataque dos de Jacobo Cuétara, reforzados este verán co pivote Julen Aguinalgalde e os laterais Nico Bonanno e Dan Emil Racotea.