Cando Mario Benedetti recitou no Teatro Colón da Coruña
Publicado o 14/09/2020 21:54
Hoxe celébrase o centenario do nacemento de Mario Benedetti. É un dos autores máis coñecidos, e lidos, de toda América Latina. Poeta, novelista e tamén xornalista, publicou 80 obras literarias traducidas a 25 idiomas. Pero antes da fama tivo que desenvolver traballos variados e non puido nin rematar a educación secundaria. Hoxe é un dos piares da cultura uruguaia. Escoitámolo recitando na Coruña en 1998 acompañado de Daniel Viglietti.