CRTVG

Buscar

Cando doar un órgano é un acto de amor

Publicado o 02/06/2021 20:53

Fernando ten 63 anos, hai dous dixéronlle que os seus riles non funcionaban ben. Angelines non o dubidou un minuto, cando o seu home precise o transplante xa está lista para doarlle o seu ril.

Despois dunha década xuntos, o ano pasado casaron en plena pandemia, din que esta enfermidade e o xeito de afrontala coidándose mutuamente uniunos aínda máis.

Coa pandemia as doazóns reducíronse un 23 por cento, con todo España mantense no primeiro lugar do mundo grazas ao altruísmo das familias que doan os órganos dos seus falecidos e a persoas que en vida deciden dar un ril a un ser querido.

Noticias web

02/06/2021