CRTVG

Buscar

A TVG busca a canción do verán 2019

Publicado o 21/05/2019 11:14

Atención todo o mundo, porque na Televisión de Galicia estamos a buscar a canción do verán deste ano. Queren saber como participar? Vexan!

Esta é a do ano pasado. Cal será a deste ano? Na Televisión de Galicia estamos na procura da banda sonora para este verán entre as propostas que nos envíen dende toda Galicia. Cancións inéditas tanto na parte musical coma na letra e, por suposto, en lingua galega.

A proposta gañadora levará un premio dotado con mil euros e a difusión da canción en todas as canles da CRTVG.

O prazo de presentación ábrese hoxe ata o venres 21 de xuño, íncluído, e as propostas terán que ser enviadas ao enderezo electrónico: canciondoveran@crtvg.es. Anímate a participar!
Tes todas as bases na web www.crtvg.gal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019