CRTVG

Buscar

Cancelan voos na illa indonesia de Bali por unha nova erupción do volcán Agung

Publicado o 25/05/2019 12:19

A nube de cinza emitida por unha nova erupción do volcán Agung provocou a cancelación de máis dunha decena de voos na illa turística de Bali, en Indonesia.
A erupción durou catro minutos e medio, e acompañouse dun forte ruxido e da expulsión de material incandescente ata a tres quilómetros desde o cráter.
Os voos afectados tiveron que ser desviados a Darwin, ao norte de Australia, metres o xefe da autoridade aeroportuaria da illa pedía aos pasaxeiros que non entrasen en pánico xa que existen plans de continxencia.
O Agung retomou a súa actividade en setembro de 2017 e desde aquela foron varias as ocasións nas que houbo que desviar ou deter as operacións no aeroporto de Denpasar, capital provincial de Bali.
 

Noticias web

25/05/2019