CRTVG

Buscar

Cancelan vodas, comuñóns e outros eventos por mor da propagación do coronavirus

Publicado o 20/08/2020 16:17

A distancia social que se impuxo como norma nestes tempos de coronavirus levou por diante unha morea de eventos, sobre todo vodas, que se ían celebrar este verán.

"Para nós ía ser un ano boísimo, pero o 60 por cento da contratación marchou para o ano que vén, moitos quixeron quitar de enriba ese estrés que lles crea o non saber que vai pasar...", comenta Rocío Vázquez, directora de Luz Verde Eventos.

Porén, malia que son as menos, si hai parellas que deciden darse o si quero. É o caso desta que tras moita tensión e incerteza polas novas restricións impostas pola Xunta o pasado 7 de agosto, si celebrou o seu enlace, só horas despois, con apenas 30 convidados.

"Con moitos nervios", di o noivo.

"Sobre todo hai control de ocupacións e distancias. As máscaras, a día de hoxe, teñen que telas todos, salvo no momento de consumir. Si que agardo que o 2021 sexa un pouco máis normal", engade Rocío Vázquez.

E é que esta parada de eventos fai que dea por perdido este ano que lles deixa un gran estrago económico.

Noticias web

20/08/2020