Cancelan un voo a Madrid desde Santiago por segunda vez e tras horas de espera
Publicado o 14/01/2021 16:37
Indignación entre os 170 pasaxeiros que agardaron horas no aeoroporto de Santiago á espera de voar cara a Madrid. As repercusións da borrasca Filomena en Baraxas obrigaron a cancelar o voo das dez menos vinte da noite do domingo e adiar a viaxe 24 horas. Cando se presentan o luns no aeroporto son informados que o voo sofre un atraso porque o avión ten que chegar de Madrid e non sae á hora.
Despois de seis horas de espera, ás tres da madrugada, anúncianlles que van embarcar, para pouco despois volver cancelar o voo.
Non todos os afectados que agardaban no aeroporto Rosalía de Castro levaron as horas de espera con bo talante. Unha noite para esquecer.