CRTVG

Buscar

Cancelan máis concertos de Plácido Domingo tras as acusacións de acoso

Publicado o 14/08/2019 19:51

A Ópera de San Francisco súmase á cancelación de concertos de Placido Domingo. Asegura que ainda que as acusacións de varias mulleres contra o cantante non ocorreron nesa cidade teñen unha política firme contra o acoso sexual.
Previamente fixera o mesmo a Ópera de Filadelfia. Unha decisión que non comparte a Ópera dos Ánxeles da que é director o tenor español e que mantén a programación na que actúa Domingo. Tamén a de Londres e de Nova York agardará a coñecer o resultado da investigación.

En España sairon na súa defensa varias mulleres do mundo do espectáculo. Paloma San Basilio asegura que sempre se comportou como un cabaleiro e un bo compañeiro. A soprano Ainhoa Arteta cualifica de calumnias as acusacións. Di que o tenor é a persoa máis respetuosa que coñece e que pon a man no lume por el.

Nove mulleres -oito cantantes e unha bailarina- aseguran nunha reportaxe que Plácido Domingo as someteu a acoso sexual hai anos aproveitando que eran artistas novas e el un home poderoso. O tenor defendeuse asegurando que todas as súas relacións con mulleres foron benvidas e consensuadas pero que os valores de hoxe son diferentes aos do pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019