CRTVG

Buscar

Cancelan a Mostra do Encaixe de Camariñas polo coronavirus

Publicado o 12/03/2020 19:32
Cancelan a Mostra do Encaixe de Camariñas polo coronavirus

A crise sanitaria do cornavirus tamén obriga a cancelar a Mostra do Encaixe que se ía celebrar entre o 8 e o 12 de abril. En palabras da alcaldesa, "sería unha irresponsabilidade continuar coa organización que reúne miles de persoas de diferentes procedencias". Comunicouse tamén que xa non se celebrará ata o ano 2021, ante a imposibilidade de atopar datas dispoñibles.

Antes de tomar a decisión, varias delegacións internacionais xa cancelaran a súa participación.

 

Noticias web

12/03/2020