CRTVG

Buscar

Cancelados catro voos en Galicia pola folga convocada polo persoal de terra de Iberia

Publicado o 30/08/2019 12:26
Cancelados catro voos en Galicia pola folga convocada polo persoal de terra de Iberia

Os aeroportos da Coruña e Vigo rexistraron a cancelación dun total de catro voos pola folga convocada polo persoal de terra de Iberia no aeroporto de Madrid.

En concreto, cancelouse o voo con saída de Madrid ás 7,25 horas e con destino á cidade herculina e o de saída da Coruña ás 9,20 horas.   

No caso de Vigo, cancelouse tamén o voo con destino a esta cidade e saída de Madrid ás 7,35 horas e o que tiña fixada a súa saída de volta ás 9,25 horas.   

Por parte de Iberia confirmaron que para a xornada do sábado non haberá cancelacións, algo que vincularon coa diminución de voos durante a fin de semana.   

Estas cancelacións obedecen á folga convocada polo persoal de terra da liña aérea no aeroporto madrileño e a súa terminal de carga.

Os paros únense aos convocados no Prat (30 e 31 de agosto) e os anunciados en Bilbao (8 e 9 de setembro).   

UXT vincula a convocatoria a folga ao "uso abusivo da eventualidade nas contratacións por parte da empresa, prexudicando gravemente os traballadores e traballadoras".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí