Cancelados catro voos de Vueling en Galicia
Publicado o 25/08/2019 15:16
Durante esta xornada do domingo son catro voos en Galicia os que están afectados pola folga do persoal de terra de Iberia, no aeroporto do Prat, catro voos de Vueling. Foron cancelados o das 6:50 previsto dende Barcelona á Coruña e a viaxe de volta cara á cidade condal ás 9:15 da mañá, así coma outros dous previstos para esta tarde no aeroporto de Santiago, unha saída ás sete e a volta das nove e media da noite. A maioría dos pasaxeiros foron avisados e recolocados noutros avións. Con todo, e aceptando o cambio, os usuarios teñen dereito a reclamar.