Cancelados 18 trens de media distancia e oito de longa distancia en Galicia
Ata esta hora seis trens non circularon polas vías férreas galegas por mor da folga de RENFE que continuará tamén mañá. A previsión é que durante toda esta xornada non circulen 18 convois de media distancia e oito de longa distancia.
Na estación viguesa de Urzáiz atopamos moitos usuarios que pretendían coller o tren das once e cuarto da mañá cara á Coruña e non puideron facelo. Estaba anulado. Tiveron que baixar á estación de Guixar e colller estoutro convoi ás doce e media. A viaxe dura máis pero poden gozar da paisaxe. Os usuarios desta liña entenden a folga e consideran que só lles produce pequenas incomodidades.
O sindicato convocante: a CGT reclama que se contrate persoal, xa que cada vez son menos e faltan maquinistas, tamén interventores e mesmo persoal para a venda de billetes
Outro dos afectados foi o tren que une Porto con Vigo que chegou con media hora de retraso, a conexión entrambas as cidades tamén se suprimíu a conexión deste serán pero a maioría dos afectados cos que puidemos falar apenas o notaron