CRTVG

Buscar

Cancelado por segundo ano consecutivo o Festival de Ortigueira

Publicado o 08/04/2021 21:28
Cancelado por segundo ano consecutivo o Festival de Ortigueira

E hoxe soubemos que o Festival de Ortigueira tampouco se vai celebrar este ano pola culpa da pandemia. A organización di que valorou os posibles escenarios e concluíu que non sería posible manter a total seguridade dos asistentes.

O evento, declarado de Interese Turístico Internacional, chegou a xuntar preto de 100.000 persoas nas súas últimas edicións. Este é o segundo ano consecutivo que se cancela, e os organizadores din que están pensando xa na edición de 2022.

Noticias web

08/04/2021