CRTVG

Buscar

Cancelado o desfile militar do 12 de outubro polo coronavirus

Publicado o 20/07/2020 19:06

Este ano non haberá desfile militar o doce de outubro. A pandemia do coronavirus obriga a cancelar a tradicional parada coa que se celebra o día da Festa Nacional. O Ministerio de Defensa estuda substituír o evento por outro máis reducido no patio da Armería do Pazo Real, o lugar onde a semana pasada se celebrou a homenaxe civil ás vítimas da COVID-19.

Noticias web

20/07/2020