CRTVG

Buscar

Casas de turismo rural sofren cancelacións de grupos polas novas restricións

Publicado o 18/03/2021 14:28

Unha casa rural de Conturiz, en Lugo, alberga tres apartamentos, pero agora as últimas restricións fan que neles tampouco se poidan reunir persoas non conviventes e cancélanse as reservas e os plans de grupos de amigos.

"Temos cancelacións. Temos reservas e consultas de se se poden xuntar amigos, e temos que dicir que non polas restricións", explica Dolores Carreira, propietaria dunha casa de turismo rural en Conturiz.

Estas instalacións forman parte dun proxecto familiar novo, inauguráronse en setembro, e despegar en plena pandemia non está a ser sinxelo.

"Realmente non estamos pasando un bo momento. É complicado, eu levo dous meses sen ningunha reserva. A xente non reserva porque non sabe o que vai pasar ao día seguinte", sinala Dolores Carreira, propietaria dunha casa de turismo rural en Conturiz.

Agora as súas instalacións enfócanse máis a hospedar parellas e familias. O comedor que teñen equipado para celebracións e grandes xuntanzas terá que agardar.

Noticias web

18/03/2021