CRTVG

Buscar

'Cañaveral de pasión', unha telenovela ourensá rodada co móbil no Irixo

Publicado o 10/01/2019 19:31

Un grupo de veciños do Irixo está a triunfar na internet coa telenovela 'Cañaveral de Pasión' que gravan e editan co móbil. Os capítulos da serie en que participan nove actores afeccionados suman xa milleiros de visualizacións no Youtube. Está ambientada na península do Yucatán, pero está rodada na paisaxe rural da aldea da Pedriña, no concello ourensán do Irixo, onde viven os seus creadores.  

Así comeza a telenovela galega que ten milleiros de seguidores na rede. Está feita no Irixo, concretamente na aldea de Pedriña. Óscar Villanueva tivo a idea, el é o guionista, director e un dos actores protagonistas. E todo está gravado e editado co seu móbil.

Son nove actores afeccionados, Óscar e Juan Manuel son irmáns e son gandeiros no Irixo, hai tamén unha enxeñeira forestal, unha cociñeira e un técnico de caldeiras. Estás felices e sorprendidos do éxito.

A súa telenovela con acento sudamericano, pero co aire do rural galego volverá este sábado cun novo capítulo, no portal de vídeos Youtube.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019