CRTVG

Buscar

'Cañaveral de Pasión' é unha webserie que se fai no Irixo e arrasa en Youtube

Publicado o 15/01/2019 13:48

Cando nos parecía que a época das telenovelas xa pasara, volve a moda e á galega. Si, escoitaron ben, esta mañá estamos cos protagonistas de Cañaveral de pasión. A trama arrasa en Internet.

Unha telenovela gravada co móbil por uns veciños do Irixo está a arrasar en Internet. En Cañaveral de pasión participan actores afeccionados que viven e traballan no propio concello. Entre eles hai gandeiros, administrativos, enxeñeiros, cociñeiros e repartidores de pan. Gravan en castelán con acento suramericano e, sen saír da aldea da Pedriña, recrean o Iucatán.

Cañaveral de pasión publícase os sábados na canle de vídeos de Youtube. Teñen milleiros de seguidores en Galicia pero tamén en Asturias, Andalucía e O Uruguai

Noticias web

15/01/2019