CRTVG

Buscar

As Canarias queren que a vacinación sexa obrigatoria para os funcionarios

Publicado o 27/07/2021 16:29
As Canarias queren que a vacinación sexa obrigatoria para os funcionarios

O Goberno das Canarias estuda a posibilidade de obrigar a vacinarse contra o coronavirus os funcionarios de servizos esenciais que a rexeiten. Para o presidente canario, Ángel Víctor Torres, os que traballan na Administración deben estar vacinados e di que buscará os mecanismos que a lei permita para poder facelo obrigatorio. Ademais, advertiu de que o negacionismo é un perigo para a colectividade.

En países como Francia será obrigatoria a vacinación do persoal sanitario a partir do 15 de setembro.

Noticias web

27/07/2021