CRTVG

Buscar

O Canadá abre as súas fronteiras para os que teñan a vacina completa e test negativo

Publicado o 10/08/2021 08:28
O Canadá abre as súas fronteiras para os que teñan a vacina completa e test negativo

O Canadá abriu as súas fronteiras terrestres a cidadáns estadounidenses que estean vacinados coa pauta completa e presenten unha proba negativa da covid-19, despois de 17 meses cos postos fronteirizos pechados a todas as viaxes consideradas non esenciais.

O Canadá tamén anunciou que a partir do 7 de setembro ampliará esta medida e a viaxeiros do resto do mundo coa pauta completa das catro vacinas permitidas polo país: AstraZeneca, Moderna, Pfizer e Johnson & Johnson.

Noticias web

10/08/2021