CRTVG

Buscar

O Mundial de colchóns inchables, en Sanxenxo

Publicado o 28/07/2019 16:59

En Sanxenxo, a praia da Panadeira acolleu hoxe unha das súas competicións máis singulares: o Mundial de colchóns inchables. Centos de persoas, de todas as idades, inscribíronse nesta XI edición que, coma vén sendo habitual, comezou cun pouco de quecemento na area.

A quenda infantil inaugurou o campionato, organizado pola asociación O Cubreiro, que destaca polo seu colorido e as ganas de pasalo ben. Hai premio para os primeiros colchóns clasificados, os mellores disfraces e os inchables máis orixinais. Entre as persoas participantes, noveis e veteranos loitaban a lume por facerse cos galardóns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/07/2019