CRTVG

Buscar

Os cámpings galegos arrancan agosto cun alto índice de ocupación

Publicado o 03/08/2019 15:35

Os datos de turismo en Galicia durante o pasado mes de xullo foron moi ben recibidos para o sector, pero onde se dispararon coma nunca foi nos campings. Parece que cada vez son máis os que se decantan por esa opción.

Non hai descanso na recepción deste camping da Baiona que en días como hoxe está a tope cun milleiro de persoas.Dispón de múltiples servizos: tenda, restaurante ao borde da praia, pistas deportivas, piscina e tobogán. Ten espazos para tendas , para autocaravanas e mesmo un bungalow de luxo cun jacuzzi fronte ao mar.Os amantes da natureza gozan cada vez de maior confort.

Din que quen proba o cámping con nenos repite
Campings como este ademais de estar a pé de praia está moi preto da vila de Baiona e dunha senda peonil e ciclista que conecta con Praia América e Panxón. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/08/2019