CRTVG

Buscar

Campillo e Barco danlle a vitoria ao Lugo fronte ao Córdoba no Anxo Carro (2-0)

Publicado o 12/10/2017 18:00

O Lugo gañoulle ao Córdoba. Con goles de Campillo e de Mario Barco. A entrada do dianteiro no minuto 62 doulle a volta ao encontro. Primeiro partido na categoría do ariete que non podía debutar de mellor forma tras un calvario de lesións. O rioxano enganchou un balón solto e cun disparo case perfecto que bateu no pau anotou o segundo para o Lugo. Os de Francisco consolídanse na terceira posición, a un punto dos líderes. 

Calor abafante nunha xornada vitoriosa. O Lugo suma 15 dos últimos 18 puntos. E se non goleou foi pola falla de pegada arriba nun encontro que dominou e no que atrás sufriu moi pouco: só unha vez tivo que aparecer Juan Carlos, o porteiro con máis paradas da Liga. 

A superioridade do Lugo plasmouse durante a segunda metade. Afogou ao Córdoba. E como o rival quedou sen argumentos o recital comezou cun aviso de Campabadal e continou cun par de goles nos últimos dez minutos: centra Campabadal e marca, con agasallo do defensa, Campillo. 

Campillo marcou o primeiro e o debutante Mario Barco o segundo. Quizais era quen máis gañas tiñas de marcar un gol. Quen máis gañas tiñas de xogar no Anxo Carro. Un gol para espantar as malditas lesións musculares e para festexalo cun equipo que está no pelotón de cabeza da segunda.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017