CRTVG

Buscar

Campaña nas farmacias de Ourense contra o consumo de alcol en menores

Publicado o 29/11/2019 14:56

Segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 75 por cento dos adolesecentes de 14 a 18 anos bebeu alcol algunha vez, e seis de cada 10 emborrachouse algunha vez. Por iso, as farmacias de Ourense sumáronse á campaña da Fundación Alcohol y Sociedad para concienciar os menores, pero tamén as súas familias.

Santiago Leys Vence, presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense: "Como o establecemento profesional sanitario próximo aos cidadáns, é o máis próximo e, polo tanto, podemos contribuír a evitar o comezo temperán no consumo de alcol".

Silvia Jato, Fundación Alcohol y Sociedad: "E ao final cremos que o máis importante é a comunicación, sexa en colexios ou a través dos farmacéuticos, a comunicación e a eduación son a mellor arma para a prevención".

Nos próximos meses, as farmacias da provincia mostrarán un cartel coa mensaxe: "Se es menor, o mellor é sacar CERO en alcol", e tamén distribuirán folletos informativos alertando das consecuencias de beber alcol xa na adolescencia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019