CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Campaña Nadal Solidario en Barro

Publicado o 29/12/2016 20:55

No Concello de Barro, en Pontevedra, aproveita o Nadal para sacar o seu lado máis solidario. Ata o día de reis poderán depositarse alimentos non perecedeiros en diferentes puntos para a súa entrega a familias necesitadas da zona.

Xa está en marcha a iniciativa Nadal Solidario de Barro. Por quinto ano consecutivo levase a cabo esta campaña de recollida de alimentos non perecedeiros que organiza a asociación Amigos da Fervenza da Barrosa.

Leite, azucre, fariña ou pasta son so algúns dos alimentos que se poden depositar nunhas caixas que xa están a encher os veciños.

Os puntos de recollida son nove repartidos entre centros educativos e de saúde, supermercados e bares.

A campaña continuará ata o remate das festividades cando terá lugar un desfile de moda en que a entrada será a cambio de alimentos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí