CRTVG

Buscar

Campaña en Marín para limpar os ouriños dos cans

Publicado o 08/04/2021 20:55

Son os primeiros marinenses que se suman a esta campaña municipal para evitar a corrosión do mobiliario urbano e a favor da limpeza das rúas. E iso cun xesto tan sinxelo como limpar os ouriños dos cans.

No marco desta campaña, repartirase un milleiro de botellas pequenas. Cando se deseñou esta iniciativa, o censo de cans do municipio ascendía a 615 animais e desde que se fixo pública xa foron inscritas outras corenta mascotas.

Porque un requisito imprescindible para levar o dispositivo é ter o can rexistrado.

Os usuarios poden recoller as botellas no punto de información turística durante toda a xornada do venres. Despois, o repartimento continuará no museo municipal.

Noticias web

08/04/2021