CRTVG

Buscar

As redes sociais alertan das noticias falsas e intentan frealas en campaña electoral

Publicado o 31/10/2019 10:09

Twitter acaba de anunciar que non vai aceptar anuncios políticos pagados na súa plataforma, nin de campañas electorais de candidatos nin de cuestións que consideren politicamente controvertidas.

Esta prohibición comezará a partir do 22 de novembro, así que non vai afectar a campaña electoral das eleccións xerais que comeza esta noite, pero si as presidenciais do ano que vén nos Estados Unidos.

O que si afecta aquí en España é que WhatsApp anunciou que non vai permitir que os partidos políticos utilicen a aplicación de mensaxería instantánea para difundir mensaxes masivas de forma automatizada durante a campaña electoral. A intención é evitar a propagación de noticias falsas, pero esta mesma aplicación explica que non se pode evitar que un comentario ou unha imaxe se fagan virais polas redes sociais.

Noticias web

31/10/2019