CRTVG

Buscar

Campaña de micromecenado para rehabilitar a casa do poeta Díaz Castro

Publicado o 20/03/2017 20:46

A asociación cultural Xermolos quere rehabilitar a vivenda e pide a colaboración de todos

A casa do poeta Díaz Castro, en Guitiriz, é hoxe unha edificación en ruínas. No ano 2014 dedicóuselle o Día das Letras Galegas, pero iso non serviu para frear o deterioración da vivenda. Agora, a asociación cultural Xermolos quere rehabilitala, e pide a colaboración de todos. Para iso lanzaron xa dous vídeos, protagonizados polos veciños de Guitiriz, en que se anuncia unha campaña de micromecenado para poder empezar coas primeiras obras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017