Campaña dos xuíces en Twitter para esixir a despolitización do CXPX
Publicado o 29/04/2021 14:01

Os xuíces mobilízanse nas redes sociais para esixir a despolitización do Consello Xeral do Poder Xudicial. Convocados pola Asociación Francisco de Vitoria e o Foro Xudicial Independente, súmanse a unha campaña baixo o lema "Reformar para renovar".
Vestidos coa toga, posan de costas para pedir un cambio no mecanismo de elección dos membros do seu órgano de goberno.