CRTVG

Buscar

Campaña dos cerqueiros galegos para poñer en valor a activade pesqueira

Publicado o 02/07/2021 14:37

A Asociación de Armadores do Cerco de Galica, ACERGA, presentou unha iniciativa para poñer en valor o traballo de máis dun cento de embarcacións que saen todos o día ao mar na procura do peixe azul que atopamos en peixerías e mercados. Unha actividade que xera recursos a milleiros de persoas no noso país. Valores medioambientais basedos na sustentabilidade, valores culturais coma os baseados nunha alimentación con peixe azul e valores económicos. Na costa galega hai 117 embarcacións do cerco que saen pescar, fundamentalmente, sardiña, xurelo e xarda.

José Manuel Saavedra Amoedo, patrón do Columba III: "Somos 1.500 mariñeiros a bordo dos barcos, cada mariñeiro xera en terra tres ou catro postos de traballo. Iso é vida, para as peixeiras, para os supermercados, para os que traballan no porto, que trasforman, que embalan peixe para levar a outras cidades".

Entre as iniciativas de ACERGA está o fomento do consumo de peixe azul entre os máis novos. E fixeron colaboracións con colexios de Vigo, Ponte do Porto, Malpica e Ribeira, con concursos de debuxo e unha obra de teatro. Algúns deles recibiron un recoñecemento ao seu esforzo.

Rosa Quintana, conselleira do Mar: "Que nos axuden a divulgar o bo saber, o bo facer, a boa sintonía que hai entre o sector, a actividade pesqueira e a necesidade de que todos sigades vendo nesta actividade, unha actividade de futuro".

O cerco galego quere ser parte do futuro do país.

Noticias web

02/07/2021