CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Campaña de Unicef contra a explotación infantil

Publicado o 13/06/2018 21:17


A nova campaña de Unicef contra a explotación infantil pretende mostrar unha crúa realidade: máis de SETENTA millóns de nenos sofren no mundo. Para concienciarnos, convídannos a escoitar os testemuños dos que están obrigados a traballar forzosamente. Cativos sometidos a abusos de todo tipo, que nos contan o seu día a día.




"Traballei vendendo na rúa. Os homes pedíanme que me deitara con eles"
"Aos 12 anos comecei a traballar nunha casa"

"Tiña que varrer, lavar pratos, roupa..."
"Insultáronme, golpeáronme e abusaron de min"

Hadiza, 15 anos, Níxer. Ao igual ca ela nese país 3 de cada 5 nenos e nenas están traballando nun ambiente hostil.

Levámolos agora ata un asentamento do Líbano. Neste cuarto viven cinco familias. Entre eles dous irmáns de 12 e 14 anos, fuxiron de Siria en busca dunha vida mellor.

"Teño que traballar para pagar o alugueiro, a comida, a roupa..."
"As miñas mans están desfeitas. Traballo ata 10 horas ao día, con materiais duros, como a pedra."
"Teño medo da vida"

A República do Congo é o país que máis diamantes produce. Moita da man de obra son nenos e nenas como Kalala

"Empecei a traballar nas minas de diamantes cando tiña cinco anos"
"Gañaba entre 1 e 2 dólares ao día. Compraba comida e roupa. O resto dáballo á miña familia"
"Nas minas hai perigos e fainos sufrir moito"

Kalala conseguiu saír dese calvario. Entrou nun programa de Unicef. Céntranse nas empresas, gobernos e comunidades para evitar que os nenos traballen. E para que entendan que os ativos deben ir ao colexio. Como Halima. Ten 10 anos. Sufriu recollendo cacao no campo. Pero agora estuda. Quere ser mestra. E coma ela milleiros de rapaces desexan ir á escola, rir, xogar,.. Tan só vivir como nenos e nenas.

Telexornal Serán

13/06/2018