CRTVG

Buscar

Realizan unha campaña de trampeo en Ribadavia para frear a vespa asiática

Publicado o 23/09/2021 14:11

Xulio prepara unha das trampas que colocará a carón do asilo de Ribadavia onde outros anos detectaron niños de 'velutina'. Colocarán arredor de 55 trampas en espazos públicos, onde haxa máis risco para a poboación, como colexios ou zonas recreativas.

Na primavera chegaron a capturar 1.800 exemplares só nas trampas que colocan eles, pero ademais colaboran e asesoran particulares.

É o segundo ano que o poñen en marcha, aínda non teñen datos desta campaña, pero din que os avisos reducíronse. Xa traballan para estender a iniciativa aos concellos limítrofes.

O ano pasado en Galicia retiráronse máis de 16.700 niños de vespa asiática, a maior parte nas provincias de Coruña e Pontevedra.

Noticias web

23/09/2021