CRTVG

Buscar

Campaña de Stop Accidentes para sensibilizar aos condutores

Publicado o 14/08/2019 15:54

Para concienciar os condutores de que extremen as precaucións ao volante, Stop Accidentes desenvolveu, esta mañá, unha campaña de concienciación. Subliñan que o 90% dos sinistros que se producen na estrada poderían evitarse se os condutores tiveran en conta unha serie de recomendacións. Evitar alcol ou drogas ao volantes, respectar os límites de velocidade, non distraerse, sobre todo co móbil, e descansar cando se fan viaxes longas cada dúas horas. Estes días son, como diciades, os de máis desprazamentos por estrada e hai que ter en conta que o importante destas viaxes é regresar a casa. Cadeiras de rodas baleiras e o testemuño de vítimas de accidentes serven para concienciar os condutores.


Daniel tiña 18 anos e ese sinistro cambio para sempre a súa vida. Hoxe colabora con Stop accidentes. Xunto a el bombeiros, sanitarios... todos aqueles que asisten nun accidente. O obxectivo concienciar aos condutores de que ao volante toda precaución é pouca.

Entreganlle información sobre como actuar en caso de sinistro e sobre a importancia de respectar os límites de velocidade, evitar distraccións como móbil ou descansar cada dúas horas. Tamén lle entragan caramelos.

Consellos para evitar que a nosa viaxe remate nunha destas cadeiras de rodas porque o o importente, din, é regresar san e salvo a casa.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019