CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Campaña de protección solar dirixida aos máis pequenos

Publicado o 07/06/2017 15:07

A maior parte da radiación ultravioleta que recibimos na nosa vida absorbémola antes dos 18 anos. Por iso é tan importante convencer os máis pequenos do importante que é que boten a crema solar. Para iso puxeron en marcha esta campaña os farmacéuticos da provincia da Coruña.

Farmasolete é a mascota que este verán vai concienciar os máis pequenos da necesidade de utilizar protección solar. Pero non só na praia, que é o máis habitual, senón ao longo de todo o día e en calquera actividade que realicen ao aire libre. Por iso, unhas das medidas que poñen en marcha para facer chegar a súa mensaxe é a de visitar os campamentos dos cativos, onde lles explicarán os efectos negativos do sol.

A maior parte da radiación ultravioleta que recibamos na nosa vida será antes do 18 anos. De aí a importancia de concienciar a poboacion desde as idades máis temperás. Os últimos datos rexistrados sinalan que tan só en Galicia morreron en 2015 83 persoas a causa dun melanoma, e máis de 1.000 en toda España.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí