CRTVG

Buscar

Comeza a campaña electoral para os comicios do 26 de maio

Publicado o 09/05/2019 18:59

Por terceira vez na historia, os españois eliximos o mesmo día o noso representante máis próximo, o concelleiro, e o máis afastado, o eurodeputado. Unha dobre elección que será tripla en 12 comunidades autónomas, onde tamén renovan parlamento. Nas Baleares, as Canarias, no País Vasco e no Val de Arán tamén votan polos membros dos consellos, cabidos e xuntas xerais.

En Galicia, están en xogo as alcaldías de 313 concellos, un menos que hai catro anos pola fusión de Cerdedo e Cotobade. Eliximos algo máis de 3.700 concelleiros: nunha vintena de municipios haberá menos representantes pola perda de poboación. Só gaña un concelleiro San Cibrao das Viñas. En España, repártense ese día máis de 8.100 bastóns de mando.

Os 37 millóns de españois compartimos tamén ritual con outros 350 millóns de persoas. Son as que nos 28 membros da Unión elixiran os ocupantes do Parlamento Europeo. España decidirá o nome de 54 dos 751 eurodeputados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019