CRTVG

Buscar

Campamentos de verán: as nais e os pais concilian e os pequenos gozan das vacacións

Publicado o 30/06/2021 14:17

Que as nais e os pais poidan conciliar a vida familiar coa laboral e que os escolares, agora de vacacións, gocen do tempo de lecer. Son os obxectivos dos campamentos que comezaron xa en moitas vilas e cidades do país. Ourense é unha delas.

Este mércores aos de primaria e ESO tocoulles xincanas de auga. O premio, un baño na piscina.

Os máis cativos teñen hoxe un obradoiro para elaborar foguetes e traxes espaciais. Todos os anos, as prazas destes campamentos, coa pandemia moitas menos, agótanse.

As mañás de verán de Amencer comezaron xa ao día seguinte de rematar as clases e durantes un mes teñen listo un programa cheo de actividades de ocio e educativas.

O verán pasado malia o coronavirus non deixaron de facer este campamento e este 2021 continúan o reto con grupos burbulla e todas as medidas de seguridade.

Noticias web

30/06/2021