CRTVG

Buscar

Camioneiros ou cociñeiros, entre as profesións máis propensas a padecer obesidade

Publicado o 09/02/2018 21:55

 

Os panadeiros, os camioneiros e os oficinistas son dos profesionais con máis tendencia a engordar. Así o asegura un último estudo, que destaca estes empregos polos malos hábitos de vida que supoñen, como a falta de exercicio físico ou a mala alimentación.

Manipuladores de alimentos, oficinistas, camioneiros todas estas profesións teñen algo en común. Segundo un informe, estes profesionais son os que teñen máis risco de engordar. A baixa actividade física, a alimentación rápida ou as tentacións para petiscar entre horas son as causas principais do sobrepeso nestes empregos. Unha enfermidade que non só afecta o plano estético da persoa. Os expertos tamén aconsellan, para este tipo de traballos, organizar os tempos das comidas ou levar alimentos a bordo como friame ou froita.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018