CRTVG

Buscar

Un camioneiro abandona a tempo a súa cabina na AP-9 antes de arder por completo

Publicado o 08/05/2019 08:05

Imaxe desta noitiña na AP-9, á altura de Padrón. Un camión de gran tonelaxe comezou a arder. O condutor tivo a habilidade, e tamén o tempo, de se botar á beiravía e saír da cabina antes de que as lapas envolvesen por completo a parte dianteira.

A súa pericia evitou males maiores e, por sorte, quedou nisto, nun susto para o propio afectado e para os outros condutores que circulaban a esa hora pola autoestrada.

Noticias web

08/05/2019