Camiñata dos alumnos do Menéndez Pelayo de Lugo contra a obesidade infantil
Os alumnos do Menéndez Pelayo de Lugo saen á rúa no Día Mundial Contra a Obesidade en defensa da vida saudable. Correndo, camiñando e saltando á corda percorreron o pouco máis dun quilómetro que rodea o centro. Non se trata dunha actividade puntual, senón que forma parte da lista de tarefas que cada dia desenvolven a través do proxecto nacional piEFcitos.
Así o explicaron os alumnos:
"PiEFcitos é un proxecto para axudar a facer deporte, a lectura e a reciclaxe".
"Temos unha lisa diaria, traer comida saudable, botellas reutilizables e friameiras non de plástico".
"Dar catro voltas ao cole, traer botellas reutilizables, almorzos saudables".
"Hai catro equipos por clase e en cada equipo un capitán que anota os puntos por tarefa".
Cada tarefa puntúa en quilómetros. O obxectivo é realizar a volta a España emulando o Camiño de Santiago. Hai tres formas de sumar quilómetros, como xa escoitamos, á hora da merenda escolar, a práctica da actividade física e tamén coa lectura.
"Se os les en galego e inglés suman máis quilómetros".
"Segundo o número de páxinas suma 10 quilómetros, se fas resumo do libro outros dez".
A chegada a cada meta ábrelles a porta á cultura das outras cidades participantes a través dos vídeos que elaboran cada un dos 200 centros implicados.