CRTVG

Buscar

Cambre, cunha incidencia acumulada superior a 215 casos, entra no nivel alto de restricións

Publicado o 19/04/2021 14:12

Os veciños de Cambre están fartos dos comportamentos irresponsables duns poucos. Din que iso foi o que os levou outra vez ao nivel alto de restricións.

A maioría das medidas mantéñense tal e como estaban ata o de agora. O único cambio ten que ver coa hostalería que volve a ser a principal damnificada.

María Pérez, propietaria dunha cafetería, asegura que agora só poden servir en terraza e cunha ocupación do 50 %, pero apunta que se chove, non chegarán nin a esas cifras.

O comité clínico adoptou esta decisión ante o incremento da incidencia acumulada a 14 días que supera xa os 215 casos por 100.000 habitantes.

Óscar García, alcalde de Cambre, di que o incremento de casos se debe a dúas festas ilegais. Afirma que a maioría dos 69 casos activos do concello proceden desas festas.

Esta fin de semana realizouse en Cambre un cribado masivo para detectar asintomáticos. O Sergas citou máis de 3.000 persoas de entre 40 e 59 anos.


 

Noticias web

19/04/2021